Cerrar
Acceso Usuarios

Acceso usuario

Para acceder a las secciones privadas debes introducir el usuario y clave que te acreditan como usuario registrado de la asociación.

Estatutos

Estatutos da Asociación

Reglamento de régimen interno

Estatutos

Consulta os estatutos da Asociación

Capitulo I.
Da Asociación

Artigo 1°.- Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación “ASOCIACIÓN GALEGA DE ESCOLAS INFANTÍS” -“AGADEI”-.
A asociación rexerase polos ditos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2°.- O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Vigo, nas dependencias da Escola Infantil “Lúa” con domicilio na Carretera de Camposancos, Nº 250, de Vigo, Pontevedra.

Artigo 3°.- A asociación, en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4°.- A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.

Artigo 5°.- Son fins principais da asociación:

  1. Representar e defende-los intereses profesionais dos asociados.
  2. Fomenta-la unión e colaboración das empresas asociadas en temas de interese común.
  3. Representar e xestionar estes intereses perante calquiera instancia pública ou privada.
  4. Crear, manter e fomentar contactos e colaboracións coas entidades estatais ou extranxeiras de análoga natureza.
  5. Todos aqueles outros, entendidos nun senso amplo, que contribuan á representación, defensa e xestión dos intereses dos asociados.
  6. Promove-la formación profesional e cultural dos asociados e tamén desenrolar canles de cooperación e axuda mutua entre os mesmos.

Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación realiza-las seguintes actuacións:

  1. Xornadas, seminarios, cursos, charlas-coloquio etc. sobre calquer aspecto relacionado cos fins da asociación.
  2. Adquirir, posuir, gravar, desgravar, enaxenar e administrar toda clase de bens mobles e inmobles precisos para o seu funcionamiento.
  3. Imprantar servicios de todo tipo para atende-los intereses, tanto comúns coma individuais, dos asociados, en especial a formación destes e dos seus empregados e o asesoramiento nas súas actividades cotiás, incluida a prevención de riscos laborais.
  4. As demáis actividades que persigan acadar os fins específicos da asociación.

Todas as actividades que organice a Asociación estarán abertas á sociedade en Xeral e aos cidadáns da Comunidade Autónoma de Galicia en particular.
Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

Capitulo II.
Dos Asociados

Artigo 6°.- Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas, públicas ou privadas, tralo acordo do seu órgano competente que non teñan débedas pendentes coa asociación e que ben de forma directa ou indirecta, con ánimo de lucro ou sen él, sexan titulares de Centros que se adiquen de xeito adecuado e permanente, de forma directa ou indirecta ás actividades de Educación Infantil 0-3 (primeiro ciclo de educación infantil segundo a organización vixente do sistema educativo), así como as actividades complementarias a ela, dentro do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida.

Artigo 7°.- Todos os socios terán a única consideración de asociados, sin que existan privilexios ou diferencias entre os mesmos e todos eles terán os mesmos dereitos e deberes.
A xunta directiva poderá autoriza-la admisión de socios que, se ben no momento da súa petición non sexan titulares de centros de Educación Infantil, teñan intención de adicarse de forma permanente e inequívoca a elo. Estes asociados terán os mesmos dereitos e obligacións que os demáis socios, se ben non terán dereito de voto nos órganos de goberno da asociación.

Artigo 8°.- A condición de asociado pérdese:

  1. Por vontade propia, comunicada por escrito á Xunta Directiva.
  2. Por incumprimento das súas obrigas económicas, se deixara de satisfacer tres cotas periódicas, ou a realización de accións que prexudiquen gravemente ós intereses da Asociación, previo expediente disciplinario, con audiencia do interesado.
  3. Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.

A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados 2 e 3 do parágrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición. ordinaria.

Artigo 9°.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:

  1. Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
  2. Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
  3. Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
  4. Impugna-los acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos.
  5. Participar nas Asambleas con voz e voto, agás os socios que non sexan titulares de centros de Educación Infantil, ata o momento do inicio das súas actividades, que participarán con voz, pero sen voto.
  6. Ser electores e elexibles para os cargos directivos.
  7. Emprega-los servicios creados para os asociados.

Artigo 10°.- Son obrigas dos asociados e asociadas:

  1. Comparti-las finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.
  2. Paga-las cotas que se establezan.
  3. Desempeña-los cargos para os que foron elixidos.
  4. Acatar e cumpri-los acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
  5. Acata-lo contido dos estatutos.
  6. Ter unha boa conduta individual e cívica.

Capitulo III.
Dos Órganos da Asociación

Artigo 11°.- A dirección e administración da asociación serán exercidas polo presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Artigo 12°.- O Presidente da asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará 4 anos. Poderá ser asistido nas súas funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

O presidente terá as seguintes atribucións:

  1. Representa-la asociación perante calquera organismo público ou privado.
  2. Convocar e presidi-las sesións que celebre a Xunta Directiva; presidilas sesións da Asemblea Xeral; dirixi-las deliberacións dunha e outra, e decidir con voto de calidade, no caso de empate.
  3. Executa-los acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
  4. Ordena-los pagamentos acordados validamente.
  5. Asina-las actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.

Artigo 13°.- A Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación, un secretario, un tesoureiro e, potestativamente, por un vicepresidente e un número de vocais non inferior a 2 e non superior a 9. En todo caso, o número de membros da Xunta Directiva deberá ser impar e igual ou superior a 5.
Os cargos que compoñen a Xunta Directiva non serán retribuidos con carácter xeral, sen prexuizo do disposto no artigo 11 de Lei Orgánica 1/2002, reguladora do Dereito de Asociación. No seu caso, a contía das retribucións acordarase pola Asamblea Xeral e reflictirase nas contas anuais da asociación. Non obstante estas retribucións non poderán ser percibidas con cargo a fondos e subvencións públicas salvo que estes se perciban pola realización de servicios diferentes ás funcions que lles corresponden como membros do órgano de representación.
A Asemblea Xeral será a competente para elixi-los cargos da Xunta Directiva. A súa duración será por un período de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
Os cargos cesarán na súa función por:

  1. falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
  2. renuncia voluntaria.
  3. transcurso do prazo para o que foron elixidos.
  4. acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por 2/3 dos asociados reunidos en Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto.

A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.
A xunta directiva poderá, a proposta do presidente, cubrir as vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, a excepción do secretario e do tesoureiro, entre os socios con dereito a seren elexidos para tal fin. Os postos de secretario e de tesoureiro poderán ser cubertos provisoriamente entre os membros da xunta directiva, por acordo desta última e a proposta do presidente, se ben ditos nombramentos deberán ser ratificados pola Asemblea Xeral na primeira reunión que se celebre.

Artigo 14°.- A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

  1. Programar e dirixi-las actividades asociativas.
  2. Leva-la xestión administrativa e económica da asociación.
  3. Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
  4. Convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral.
  5. Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
  6. Designa-las comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.
  7. Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.
  8. Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
  9. Propoñe-lo plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
  10. Resolve-los procedementos disciplinarios que se instrúan.
  11. Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da asociación.

Artigo 15°.-

A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición dunha terceira parte dos seus compoñentes.
Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.
O secretario ou, no seu defecto, o vocal que o substitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.

Artigo 16°.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

Artigo 17°.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por tódolos integrantes desta. Cada entidade titular asociada poderá designar un representante na asamblea xeral e terá dereito a emitir un único voto para cada unha das votacións. O presidente e o secretario da asemblea serán o presidente e o secretario da Xunta Directiva.

Artigo 18°.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

Artigo 19°.- Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva. As notificacións faranse no domicilio dos asociados en todo caso.

Artigo 20°.- Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:

  1. Aproba-lo plan de actividades.
  2. Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.
  3. Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
  4. Exame e aprobación das cotas.

Artigo 21°.- Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:

  1. Modifica-los estatutos da asociación.
  2. Elixir e cesa-los integrantes da Xunta Directiva.
  3. Aproba-la federación con outras asociacións.
  4. Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
  5. Acorda-la disolución da asociación.
  6. Designa-los/as liquidadores/as.
  7. Ratifica-la expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
  8. Solicita-la declaración de utilidade pública da asociación.
  9. Aproba-lo regulamento de réxime interno da asociación.
  10. As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agarda-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.
  11. Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou a Xunta Directiva.

Artigo 22°.- A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados, ben de forma presencial ou ben na modalidade de voto delegado, na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.

Artigo 23°.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados do 1 ó 7 do artigo 21º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinarao o/a presidente/a, o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
Cada asociado con dereito a voto na asamblea xeral poderá delegar o seu voto para todos ou algún dos puntos da orde do día noutro asociado ou nalgún membro da Xunta Directiva. Os asociados que deleguen o seu voto para todos os puntos da orde do día serán computados como asistentes á sesión da asamblea xeral, aos efectos de cómputo do quorum.

Artigo 24°.- Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.
As sesións abriranse cando así o determine o presidente. Seguidamente procederase por parte do secretario á lectura da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente, o secretario procederá a presenta-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.

Artigo 25°.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

Artigo 26°.- O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, así mesmo, notifica-las convocatorias, custodia-las actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.
Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vocais a un que desenvolva esta función.

Artigo 27°.- O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.
O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de xaneiro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da asemblea ordinaria.

Artigo 28°.- Os vocais terán as seguintes atribucións:
1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
2. Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

Capitulo IV.
Réxime económico

Artigo 29°.- A asociación no momento de inicia-las súas actividades non dispón de patrimonio fundacional. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

Artigo 30°.- A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborado polo tesoureiro da asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 31°.- A asociación manterase dos seguintes recursos:

  1. As cotas periódicas dos/as asociados/as.
  2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
  3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
  4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
  5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

Artigo 32°.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non seránreintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atende-las necesidades da asociación e a organización das actividades dirixidas a acadar os fins da asociación.

Artigo 33°.- Anualmente, con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.

Artigo 34°.- Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta do tesoureiro e doutro membro da Xunta Directiva.

Artigo 35°.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación.

Capitulo V.
Do regulamento de réxime interno

Artigo 36°.- O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva, o procedemento disciplinario ou a creación de comisións ou órganos complementarios da asociación, e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.

Capitulo VI.
Modificación dos estatutos e disolución da Asociación

Artigo 37°.- Os ditos estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.

Artigo 38°.- A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

Artigo 39°.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, entr os que estará, almenos, o/a presidente e o/a tesoureiro/a, que procederán para efectua-la liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

Artigo 40°.- O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a algunha entidade non lucrativa que teña iguais ou similares fins que os desta asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.

Avd. Hispanidad 46 - 36203 Vigo (Pontevedra)